- CONTAN CUN STAND EN EXPOURENSE, NO CAL SE DAN A COÑECER AS EDICIÓNS DE 2027 DESTOS EVENTOS, QUE SERÁN DO 3 AO 6 DE XUÑO
- ESTA PRESENZA RESPONDE AO COMPROMISO DE AMBOS RECINTOS CO DESENVOLVENTO DO SECTOR FEIRAL EN GALICIA, PARA O CAL MANTEÑEN UN ACODO DE COLABORACIÓN DENDE O ANO 2017
Silleda, 25 de setembro de 2026.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA (FIGA) volve promocionar os seus salóns de turismo á Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia.
Este certame, que alterna sede de celebración entre Ourense e un país de América, desenvolveuse en 2025 en Colombia, polo que este ano regresa a Expourense para celebrar a súa 24ª edición.
Nesta nova convocatoria, que comezou onte e hoxe pecha as súas portas, as Feira Internacional de Galicia ABANCA está de novo presente cun stand centrado no XVI Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia) e a XIII Feira de Festas de Interese Turístico (Festur). Estes certames celebraranse conxuntamente e de forma paralela á emblemática Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia do 3 ao 6 de xuño.
Turexpo Galicia e Festur están xa inmersos na organización dunha cita que conxugará unha interesante mostra, que medrou en 2026 un 12% respecto á súa anterior cita en número de expositores, un programa de actividades especialmente dedicado ás festas de interese turístico e a súa recoñecida Bolsa de Contratación Esta última xerou na edición de 2026 un importante negocio ao propiciar 2.500 reunións entre 160 empresas do sector e 32 operadores turísticos con presenza en 12 países.
Colaboración para o desenvolvemento do sector feiral
Esta participación en Termatalia enmárcase no convenio que dende outubro de 2017 manteñen a Feira Internacional de Galicia ABANCA e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, o cal ten como obxectivo promover accións que contribúan ao desenvolvemento do sector feiral na nosa comunidade e, de xeito particular, destes dous recintos.









