B2B Turexpo Galicia

Turexpo Galicia
Participa na súa BOLSA DE CONTRATACIÓN TURÍSTICA
INSCRICIÓN
PROGRAMA DE COMPRADORES
Por favor, completa o formulario de inscrición que atoparás a continuación para solicitar a túa participación como comprador na Bolsa de Contratación Turística TUREXPO GALICIA. Ten en conta que esta inscrición non garante a túa participación, pero proporciónanos a información necesaria para avaliar a túa solicitude. Un membro do equipo de TUREXPO revisará os teus datos e poñerase en contacto contigo canto antes.
Se a túa solicitude é aceptada, asignaráseche unha mesa de traballo onde poderás desenvolver a túa xornada mediante reunións en formato “speed dating” de 10 minutos cada unha.

PROGRAMA DE VENDEDORES
Proximamente dispoñible.
Os reputados e numerosos operadores turísticos nacionais e internacionais que participan cada ano nos encontros B2B de Turexpo Galicia convertéronos nunha recoñecida cita sectorial. Unha plataforma con incuestionable eficacia que permite a empresas e entidades como a túa conseguir beneficiosas relacións comerciais e xerar exitosos negocios
En 2024 celebráronse máis de 2.300 reunións con 33 operadores turísticos con presenza en once países. E en 2025 seguirá mellorando a súa proposta para crear o maior número de acordos… con operadores que están a desexar coñecer o teu destino, experiencia ou servizo!.
- Realizarase unha coidadosa e ampla selección de operadores turísticos con gran atractivo para todos os participantes.
- Figurarán máis países emerxentes como emisores de turismo para multiplicar as túas posibilidades de negocio.
- Optimizaranse ao máximo as axendas de reunións en función das preferencias de ambas as partes para garantir unha maior eficacia.
E a todo iso súmase outra vantaxe: se promocionas produtos gastronómicos no teu destino… tes a posibilidade de participar nos ENCONTROS INTERNACIONAIS DE COMPRADORES de SALIMAT ABANCA, o salón de alimentación que se celebra de forma paralela e que xera tantas e tan boas sinerxías