Actividades

logo_turexpo

Turexpo Galicia

Que encontrará o visitante en TUREXPO GALICIA 2023?

FESTUR 2023

Coa axuda da Axencia Turismo de Galicia, TUREXPO GALICIA acollerá un ano máis a Feira de Festas de Interese Turístico, FESTUR, que nesta 9ª edición mostrará aos visitantes o atractivo de numerosas festas galegas distinguidas con este recoñecemento. Degustacións, representacións e exhibicións amosarán as particularidades de cada unha destas celebracións. 

UNHA EXPOSICIÓN ÚNICA

A promoción de innumerables destinos turísticos nacionais e internacionais e a ampla gama de produtos e servizos destinados aos viaxeiros serán o fío condutor dun salón que non para de crecer.

GASTRONOMÍA E TURISMO

Unha simbiose perfecta que moitos dos destinos presentes na feira encargaranse de lembralo a través dun variado programa de sesións de cociña en directo, presentacións, catas, degustacións…

ACTIVIDAD NOS STANDS

Os stands competirán de novo por captar a atención do público e dos profesionais con propostas cada ano máis innovadoras, tratando de que experimenten e sintan por un momento todo o que o seu destino ofrece.

 

ÁREA DE DEGUSTACIÓNS

Un espazo destacado en feira ao dispor dos expositor no que achegarán a súa gastronomía ao público.

FORMACIÓN

O certame é o marco ideal para coñecer de primeira man as tendencias e innovacións no sector. A través de xornadas técnicas profundarase nos seus principais retos.

ENCONTRO DE BLOGGERS

Unha cita consolidada no calendario que reunirá a un bo número de especialistas dixitais do sector, en busca de coñecer novos destinos, propostas e produtos.