Visitantes
DATAS
8 - 11 de xuño 2023
Perfil
Principalmente profesional os dous primeiros días
Público xeral a fin de semana
Localización
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(cerca de Santiago de Compostela – España).
Horario
Xoves e venres de 10:00 a 20:00 h. Fin de semana de 10:00 a 21:00 h
Acceso
Gratuito
12a
Edición
Ámbito
Internacional
Frecuencia
Anual

Turexpo Galicia
Quen nos visitará?
En 2022 un total de 95.042 persoas visitaron a feira ABANCA Semana Verde e os seus certames paralelos, como TUREXPO GALICIA. Unha asistencia que, aínda que deixou notar lixeiramente a incidencia da pandemia, volveu situarse en cifras semellantes ás habituais nesta cita.
Unha afluencia que sempre se sitúa por enriba dos 100.000 visitantes e que consolida a este salón turístico como unha plataforma de promoción inigualable.
Entre estes visitantes atopamos fundamentalmente CLIENTES FINAIS, procedentes na súa maioría do noroeste peninsular, e que son sen dúbida actores protagonistas no sector do turismo.

Familias, parellas e amigos buscando novos destinos de proximidade

Compañeiros de viaxes que buscan coñecer novos lugares e culturas

Avezados viaxeiros buscando novos e exóticos lugares

Bos amigos con ganas de pasarllo/pasárlleo ben e soltar moita adrenalina

Incansables familias con nenos buscando aventuras e diversión

Románticas parellas con ganas de descubrir espazos de relax e descanso

Amantes da gastronomía encantados de coñecer novos destinos e mesas

Experimentados viaxeiros buscando propostas únicas e diferentess

Eco-familias con paixón por eses destinos naturais
E moitos máis…
Entre este volume de público, e sobre todo os dous primeiros días de feira, tamén se esconden miles de PROFESIONAIS DO SECTOR cos que poder forxar colaboracións e explorar sinerxía.

Medios especializados e bloggers turísticos

Touroperadores nacionais e internacionais

Responsables de establecementos hoteleiros e outros aloxamentos

Empresas de servizos turísticos

Responsables de empresas de transporte

Responsables de entidades e organismos públicos

Axencias de viaxe

Asociacións e outros colectivos