- ESTA CITA, QUE TENRÁ LUGAR O 18 E 19 DE NOVEMBRO NA CIDADE PORTUGUESA DE GUARDA, FOI PRESENTADA HOXE NO MARCO DO SALÓN TURÍSTICO DE GALICIA, TUREXPO GALICIA, O CUAL É COLABORADOR ASOCIADO
- ESTA SEGUNDA EDICIÓN SERÁ PUNTO DE ENCONTRO DE EXPERTOS, ACADÉMICOS, EMPRESARIOS, PROFESONAIS DE TURISMO E RESPONSABLES PÚBLICOS DE DOCE PAÍSES
Silleda, 6 de xuño de 2026.- O XV Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, o cal se celebra desde o pasado xoves e mañá domingo no marco da 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, acolleu hoxe a presentación do II Congreso Mundial de Turismo do Interior.
Unha cita que será organizada pola Asociación Ibérica de Turismo do Interior (AITI) os días 18 e 19 de novembro deste ano na cidade portuguesa de Guarda e que conta con Turexpo Galicia como colaborador asociado.
No acto interviñeron a concelleira do municipio de Guarda, Cláudia Guedes, quen presentou a cidade como “un territorio de autenticidade, de patrimonio, de paisaxes impresionantes, de tradicións preservadas e, sobre todo, de persoas”. Un municipio, o máis alto de Portugal, que, considera, “representa a esencia do interior ibérico”.
Durante a súa intervención destacou que nun mundo cada vez máis gobalizado, os viaxantes buscan aquilo que é xenuíno, e iso é precisamente o que “os territorios do interior teñen para ofrecer”. Así mesmo, apuntou que hoxe máis que nunca o turismo de interior desempeña un papel estratéxico, “non só como motor económico, senón tamén como ferramenta de valorización cultural, de preservación do patrimonio e de desenvolvemento sostible” e que foi precisamente con esta visión coa que naceu o Congreso Mundial de Turismo de Interior, como “un espazo de reflexión, de intercambio e de construción de solucións para os desafíos que afrontan os territorios de baixa densidade en todo o mundo”.
Sinalou ademais que este Congreso será “punto de encontro de expertos, académicos, empresarios, profesionais do turismo e responsables públicos de diversos países” e tamén “unha oportunidade para mostrar ao mundo aquilo que o interior ten de máis valioso”.
Na presentación tamén estivo o presidente da Asociación Ibérica de Turismo do Interior (AITI), Miguel Martins, quen destacou a dimensión do Congreso a través dos seus participantes, procedentes de doce países, como son España, Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Irlanda, Colombia, Bolivia, Exipto, Xordania, Polonia, Cabo Verde e Santo Tomé.
Resaltou ademais a importancia que, xunto con empresas e organismos públicos, teñen os habitantes dos pobos no ámbito do turismo, xa se son os que mellor os coñecen e poden transmitilo aos viaxantes. E tamén quixo apuntar que Turexpo Galicia é colaborador asociado, que o municipio de Guarda e Turismo Centro de Portugal apoian o Congreso, que Castelo Branco será o destino invitado e que como rexión invitada estará Cáceres, cidade onde se celebrou a primeira edición do Congreso.
A edición de 2028 podería ser en Galicia
Durante a súa intervención, Miguel Martins tamén sinalou que desde a organización do Congreso “estase a traballar” na posibilidade de que a súa terceira edición sexa en Galicia. Unha cita que tería lugar en 2028.









