A feira Turexpo Galicia colabora co Congreso Mundial de Turismo de Interior, que será do 26 ao 28 de novembro en Cáceres

  • ESTA CITA TEN COMO OBXECTIVO ANALIZAR A ACTUALIDADE E PERSPECTIVAS DO TURISMO DE INTERIOR, EXPOR ACCIÓNS TURÍSTICAS ENCAMIÑADAS A CONTRIBUÍR AO DESENVOLVEMENTO DO TERRITORIO DE INTERIOR E FACILITAR A COOPERACIÓN ENTRE OS DIFERENTES AXENTES IMPLICADOS NESTE
  • PRETO DE CUARENTA REPUTADOS EXPERTOS DE ESPAÑA, PORTUGAL, CUBA, POLONIA, AZERBAIXÁN, EXIPTO, GUINEA ECUATORIAL, IRÁN, MÉXICO E PERÚ ABORDARÁN TEMAS DE GRAN INTERESE DURANTE O EVENTO

Silleda, 2 de setembro de 2024.- O Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, incorporouse como entidade colaboradora ao Congreso Mundial de Turismo de Interior, que terá lugar en Cáceres do 26 ao 28 de novembro deste ano, baixo a organización da Asociación Ibérica de Turismo de Interior.

O Congreso, dirixido tanto a empresarios e profesionais como á administración e o ámbito da formación, ten previsto un número aproximado de 300 asistentes. O seu obxectivo é analizar a actualidade e perspectivas do turismo de interior e avaliar áreas de interese como os fluxos turísticos, a dixitalización ou o impacto cultural e social desta actividade. Tamén pretende expor accións turísticas encamiñadas a contribuír ao desenvolvemento social e económico do territorio interior e facilitar a cooperación entre os diferentes axentes implicados neste.

Uns propósitos para os que o Congreso suma aos seus relatorios dúas áreas, unha de exposición orientada a que os destinos de interior poidan presentar a súa oferta e outra de networking para realizar contactos, colaboracións e contratacións. Durante o primeiro día farase unha visita guiada á Cidade Monumental de Cáceres, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, para logo celebrar a cea oficial. Xa na última xornada levarase a cabo unha viaxe de familiarización con operadores turísticos convidados a Beira Baixa (Portugal) e Estremadura (España).

Recoñecidos expertos de dez países

Serán preto de corenta os reputados expertos que participen neste Congreso abordando temas de gran interese. Así, a xornada do 26 de novembro incluirá catro bloques temáticos. “Beira Baixa e Estremadura, cal é o futuro do turismo?” será o primeiro, coa coordinación de Miguel Martins, presidente da Asociación Ibérica de Turismo de Interior, e a participación de Victoria Bazaga, conselleira de Turismo de Estremadura; Raúl Almeida, presidente de Turismo Centro de Portugal; João Lobo, presidente da Comunidade Intermunicipal da Beira Baixa (Portugal), e Miguel Morales, presidente da Deputación de Cáceres (España).

A continuación, analizaranse casos de éxito de turismo de interior por parte de Carlos Velázquez, alcalde de Toledo (España); Eduardo Tavares, presidente da Cámara Municipal de Alfandega da Fé (Portugal); Niurka Péres, do Consello de Turismo de Cuba para Portugal e España; e Slawomir Kowalczyk, presidente da Cámara de Opatowiec (Polonia), sendo o moderador Fernando Garrido, presidente da Asociación de Directores de Hoteis de Portugal.

O terceiro bloque centrarase en “Recursos e xentes do turismo de interior”, sobre os que falará Luis Pedro Martins, presidente da Entidade Rexional de Porto e Norte; Rasul Mustafayev, de Baku Heritage Tours LLC (Acerbaixán); Carmen Quintanilla, presidenta da Confederación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER) e membro permanente do Consello de Europa (España) e tamén Julián Mora, catedrático da Universidade de Estremadura (España). Ademais, analizarase “Turismo Relixioso e Espiritualidade”, con Alexandre Marto, CEO de United Hotels of Portugal; Ibrahim Elassal, vicedecano do Instituto Superior SIT e profesor adxunto das Universidades de Helwam e Must (Exipto), e José Manuel Vilanova, presidente da Fundación Lumbini Garden (España). O moderador será Víctor Jorge, director da editorial Publituris (Portugal).

Xa o segundo día do Congreso comezará coa pregunta “O interior é un destino?, a cal se responderá cos relatorios de María Nchama, fundadora e presidenta da Feira Internacional de Turismo de África Central-FITAC (Guinea Ecuatorial); Ahmed Taheri, director de Oriente Viajes (Irán); Santiago Vallejo, presidente da Asociación Española de Profesionais do Turismo; e Armindo Jacinto, presidente da Cámara Municipal de Idanha a Nova (Portugal), sendo a moderadora Rocío Gavira, directora de contidos de Canle Estremadura.

A continuación, debullará a liberalización do transporte de pasaxeiros para mellorar a mobilidade turística Pablo Pastega, director xeral de FlixBus para España e Portugal, para logo dar paso ao bloque “Mobilidade e Turismo de Interior”, moderado por Ignacio Ruiz, coordinador do Máster de Planificación e Xestión de Destinos Turísticos da Universidade Complutense de Madrid, e onde achegarán o seu punto de vista Marco Polo, CEO de Carassus Consultoría Estratéxica (México); António Marqués, presidente da Asoc, Portuguesa de Empresas de Congresos, Animación Turística e Eventos – APECATE; Matilde Almandoz, presidenta da Organización de Congresos OPC España; Mychylle C. Teo, directora de vendas de Araw Hospitality Group; e Miguel Ángel Uriondo, director de Comunicación e Asuntos Públicos de Flixbus (España).

Por último, analizarase a “Sustentabilidade e o turismo despois de 2030”. Farano Alejandra Cruz, da Organización Mundial do Turismo – OMT; André Gomes, presidente da Entidade Rexional de Turismo do Algarve (Portugal): Griselda Tolla, directora e fundadora de OCYO (Perú); e Valentín Molina, catedrático na Universidade de Granada, sendo a moderadora, Adriana Rodrigues, directora de Comunicación, Imaxe e Relacionas Públicas de Turismo Centro de Portugal.

Turexpo Galicia 2025

O Salón Turístico de Galicia celebrará a súa 14ª edición do 5 ao 8 de xuño de 2025, no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda – Pontevedra) e enmarcada na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

O certame, que conta co apoio da Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia, prepárase pairas ser un efectivo espazo de colaboración, intercambio e negocio, á vez que conformará un atractivo escaparate de propostas e destinos para o público final. Á súa proposta expositiva e de actividades, volverá sumar a vistosa Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística, cun importante número de operadores e máis países emisores de turismo para multiplicar as posibilidades de negocio.