7ª Edición Turexpo Galicia: Salón Turístico de Galicia

Turexpo Galicia, Salón Turístico de Galicia

Un marco que axunta tódalas ferramentas para interaccionar coa demanda turística

Turexpo Galicia crea na súa oitava edición un espazo a medida das empresas turísticas e a súa necesidade de chegar de forma directa a toda a canle de distribución e tamén aos viaxeiros.

Combinará para iso unha atractiva exposición, un programa con gran dinamismo e a posibilidade de manter numerosas reunións con operadores turísticos nacionais e internacionais. 

Unha completa proposta cunha relación custo/efectividade insuperable. E co valor engadido de celebrarse conxuntamente coa V Feira de Festas de Interese Turístico.

bolsa
Bolsa de Contratación Turística

Turexpo Galicia conta dende os seus inicios cunha peza esencial para facilitar o contacto entre emisores e receptores de turismo, a súa bolsa de contratación.

 

 + info >

festurlogo
Feira de Festas de Interese Turístico

Festur conformará o gran escaparate das festas galegas de interese turístico.

O seu planteamiento será inmellorable, combinando unha interesante zona expositiva e un completo programa con exhibicións, degustacións…   + info > 

vista
Dobre escaparate con múltiples vantaxes

Turexpo Galicia pretende ser o instrumento de venda máis completo para os seus expositores. Por iso convoca de novo a profesionais e a público en busca de propostas turísticas.

Esta dobre orientación permitirá ás empresas presentes multiplicar as accións comerciais e os seus resultados, nun único espazo e un curto período de tempo.

Unha excelente formulación que conta coa garantía adicional de celebrarse de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, con máis de 100.000 asistentes cada ano.

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image