{"id":4221,"date":"2026-10-15T11:58:17","date_gmt":"2026-10-15T11:58:17","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/turexpo-galicia-feria-invitada-en-el-congreso-mundial-de-turismo-de-interior-2026\/"},"modified":"2026-10-15T12:00:45","modified_gmt":"2026-10-15T12:00:45","slug":"turexpo-galicia-feria-invitada-en-el-congreso-mundial-de-turismo-de-interior-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-feria-invitada-en-el-congreso-mundial-de-turismo-de-interior-2026\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia, feira invitada no Congreso Mundial de Turismo de Interior 2026"},"content":{"rendered":"
Silleda, 15 de outubro de 2026.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, reforza os seus v\u00ednculos co Congreso Mundial de Turismo de Interior, o cal celebra a s\u00faa segunda edici\u00f3n os d\u00edas 18 e 19 de novembro no Teatro Municipal de Guarda, en Portugal, organizado pola Asociaci\u00f3n Ib\u00e9rica de Turismo de Interior (AITI).<\/p>\n As\u00ed, ademais de ser entidade colaboradora, como xa fixo na primeira edici\u00f3n do evento, no ano 2024 en C\u00e1ceres, nesta ocasi\u00f3n ser\u00e1 feira invitada e ter\u00e1 un stand propio. A\u00ednda que xa asistira un equipo na primeira edici\u00f3n, ser\u00e1 a primeira vez que conta cun espazo, potenciando a participaci\u00f3n directa no encontro e favorecendo o contacto con instituci\u00f3ns, empresas, profesionais e destinos tur\u00edstico participantes.<\/p>\n Unha presenza que d\u00e1 continuidade \u00e1 xa estreita relaci\u00f3n entre Turexpo Galicia e a AITI, para a cal tam\u00e9n supuxo un importante paso a presentaci\u00f3n do II Congreso Mundial de Turismo de Interior en Galicia. Os organizadores escolleron a feira galega, celebrada o pasado mes de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, como un dos escenarios elixidos para a promoci\u00f3n do encontro.<\/p>\n Agora, ser\u00e1 Turexpo Galicia a que te\u00f1a unha especial presenza en Guarda, como feira invitada neste encontro centrado nos retos e oportunidades dos territorios de interior que pretende demostrar que o turismo de interior pode converterse nunha ferramenta de cohesi\u00f3n territorial, creaci\u00f3n de emprego, fixaci\u00f3n de poboaci\u00f3n e dinamizaci\u00f3n econ\u00f3mica.<\/p>\n M\u00e1is de 40 relatores de 18 pa\u00edses<\/strong><\/p>\n O II Congreso Mundial de Turismo de Interior reunir\u00e1 a responsables institucionais, empresas, universidades, investigadores e representantes procedentes de dezaoito pa\u00edses, como son Portugal, Espa\u00f1a, Alema\u00f1a, Italia, Irlanda, Polonia, Estados Unidos, Colombia, Bolivia, Arxentina, M\u00e9xico, Exipto, Xordania, Emiratos \u00c1rabes Unidos, Cabo Verde, Angola, Nixeria e Guinea Ecuatorial.<\/p>\n Unha presenza que consolida o seu car\u00e1cter internacional e constit\u00fae un dos elementos diferenciadores desta segunda edici\u00f3n, permitindo comparar realidades de Europa, Am\u00e9rica, \u00c1frica e Oriente Medio e analizar desaf\u00edos que afectan de forma transversal aos destinos de interior. Ademais, pretende promover o di\u00e1logo entre quen define pol\u00edticas, quen inviste e opera no terreo e quen produce co\u00f1ecemento, incentivando tanto as boas pr\u00e1cticas como a construci\u00f3n de estratexias conxuntas.<\/p>\n Un obxectivo que se desenvolver\u00e1 a trav\u00e9s dunha ducia de paneis tem\u00e1ticos nos que se debater\u00e1n cuesti\u00f3ns como a visi\u00f3n que te\u00f1en os habitantes do interior sobre o turismo, a recuperaci\u00f3n de destinos afectados por incendios e cat\u00e1strofes, a cultura e a identidade, o turismo e a emoci\u00f3n ou o impacto que ter\u00eda unha hipot\u00e9tica paralizaci\u00f3n da actividade tur\u00edstica.<\/p>\n Tam\u00e9n se falar\u00e1 sobre o futuro do turismo ib\u00e9rico nunha mesa redonda na que participar\u00e1 o director xeral da Axencia Turismo de Galicia, Xos\u00e9 Manuel Merelles, quen estar\u00e1 acompa\u00f1ado por Ra\u00fal Castro, de Turespa\u00f1a; Carlos Abade, presidente do Consello Consultivo de Turismo de Portugal, Lu\u00eds Pedro Mart\u00edns, presidente de Turismo de Porto e Norte de Portugal e Ignacio Ruiz, especialista e membro do Comit\u00e9 Cient\u00edfico do Congreso.<\/p>\n Esta participaci\u00f3n do director xeral de turismo e tam\u00e9n de Turexpo Galicia responden a unha aposta da Asociaci\u00f3n Ib\u00e9rica de Turismo de Interior \u201cpola cooperaci\u00f3n entre eventos, destinos, instituci\u00f3ns e empresas tur\u00edsticas a ambos os dous lados da fronteira\u201d, cobrando especial relevancia por compartir Galicia con numerosos territorios portugueses desaf\u00edos com\u00fans, en canto a zonas rurais, baixa densidade de poboaci\u00f3n, patrimonio natural e cultural ou gastronom\u00eda, entre outros aspectos.<\/p>\n Turexpo Galicia 2027<\/strong><\/p>\n O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia celebrar\u00e1 a s\u00faa 16\u00aa edici\u00f3n do 3 ao 6 de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), enmarc\u00e1ndose de novo na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que chega \u00e1 s\u00faa 49\u00aa convocatoria.<\/p>\n O certame, que conta co apoio da Xunta a trav\u00e9s da Axencia Turismo de Galicia, celebrar\u00e1 unha edici\u00f3n especial Xacobeo 2027. Unha cita na que se traballa xa para conformar un efectivo espazo de colaboraci\u00f3n e intercambio comercial do sector, ademais dun atractivo escaparate de propostas e destinos para o p\u00fablico final.<\/p>\n \u00c1 s\u00faa proposta expositiva e de actividades, Turexpo Galicia volver\u00e1 sumar a vistosa Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur) e a s\u00faa reco\u00f1ecida Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica, cun importante n\u00famero de operadores e pa\u00edses emisores de turismo para multiplicar as posibilidades de negocio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O SAL\u00d3N TUR\u00cdSTICO DE GALICIA ESTAR\u00c1 PRESENTE CON STAND PROPIO NA SEGUNDA EDICI\u00d3N DESTE EVENTO, QUE TER\u00c1 LUGAR OS D\u00cdAS 18 E 19 DE NOVEMBRO EN GUARDA (PORTUGAL) ORGANIZADO POLA ASOCIACI\u00d3N IB\u00c9RICA DE TURISMO DE INTERIOR (AITI), ESTA CITA CONTAR\u00c1 CON M\u00c1IS DE 40 EXPERTOS DE 18 PA\u00cdSES COMO RELATORES NOS SEUS PANEIS TEM\u00c1TICOS Silleda, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4219,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n