{"id":4200,"date":"2026-06-10T12:20:25","date_gmt":"2026-06-10T12:20:25","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/turexpo-galicia-2026-se-reafirma-como-foro-turistico-record-expositivo-2-500-reuniones-en-su-bolsa-de-contratacion-y-109-480-visitantes\/"},"modified":"2026-06-10T12:25:31","modified_gmt":"2026-06-10T12:25:31","slug":"turexpo-galicia-2026-se-reafirma-como-foro-turistico-record-expositivo-2-500-reuniones-en-su-bolsa-de-contratacion-y-109-480-visitantes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-2026-se-reafirma-como-foro-turistico-record-expositivo-2-500-reuniones-en-su-bolsa-de-contratacion-y-109-480-visitantes\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia 2026 reaf\u00edrmase como foro tur\u00edstico: r\u00e9cord expositivo, 2.500 reuni\u00f3ns na s\u00faa Bolsa de Contrataci\u00f3n e 109.480 visitantes"},"content":{"rendered":"
Silleda, 10 de xu\u00f1o de 2026.-<\/strong><\/em> O XV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia 2026, o cal se celebrou do 4 ao 7 de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), pechou as s\u00faas portas tras celebrar unha exitosa cita co apoio da Axencia Turismo de Galicia.<\/p>\n As\u00ed, nesta edici\u00f3n a feira alcanzou cifras r\u00e9cord en n\u00famero de expositores directos por quinto ano consecutivo, con 129 empresas e destinos participantes, o que supuxo ademais un 12% m\u00e1is que o ano pasado. As\u00ed mesmo, a s\u00faa superficie situouse nos 1.634 metros cadrados netos, case un 1% m\u00e1is que a s\u00faa mellor cifra, alcanzada en 2024.<\/p>\n Unha mostra que, xunto coa exposici\u00f3n da 48\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, foi visitada finalmente por 109.480 persoas, desde o xoves ata o domingo ao peche da feira.<\/p>\n Ademais da s\u00faa \u00e1rea expositiva, contaron con gran interese as distintas exhibici\u00f3ns e degustaci\u00f3ns das sesenta e seis festas presentes na XII Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur), enmarcada en Turexpo Galicia, a cal contou coa maior concentraci\u00f3n de celebraci\u00f3ns desde a s\u00faa posta en marcha.<\/p>\n Tam\u00e9n destacou o seu IX Encontro de Creadores Dixitais, que nesta ocasi\u00f3n contou con Wonderintravel, Galidrone, Galicia Angi Baldrich, Non sen as mi\u00f1as Zapas, Wfabianchos, Dun lado a Outro, Bea Onroad, Mil Recordos na mi\u00f1a Maleta, Walking o Mundo e Marce Roteiros e Viaxes.<\/p>\n Mesas de negocio<\/strong><\/p>\n Esta Bolsa de Contrataci\u00f3n volveu converterse nunha efectiva plataforma comercial para o sector coa celebraci\u00f3n de 2.500 reuni\u00f3ns de negocio nas que 160 empresas puideron mostrarlles as s\u00faas propostas a, finalmente, 32 operadores tur\u00edsticos con presenza en doce pa\u00edses, os cales son Alema\u00f1a, Brasil, EE.UU, Espa\u00f1a, Irlanda, Finlandia, Indonesia, M\u00e9xico, Portugal, Polonia, Reino Unido e Su\u00edza. Na s\u00faa maior\u00eda trat\u00e1base de axencias tradicionais ou de \u201cincoming\u201d (axencias de receptivo especializados en destino Espa\u00f1a e Portugal que traballan para emisores doutros mercados) que buscaban propostas diversas, desde turismo gastron\u00f3mico ata sostible ou educativo, destacando nesta ocasi\u00f3n os interesados en turismo activo, de natureza e, sobre todo, turismo relixioso e Camino de Santiago. Unha notable presenza a destes \u00faltimos na que a organizaci\u00f3n da Bolsa tivo moi en conta a celebraci\u00f3n do Xacobeo 2027.<\/p>\n Estes operadores tur\u00edsticos expresaron \u00e1 organizaci\u00f3n a s\u00faa \u201cgrata sorpresa\u201d por realizar tantos contactos de interese nunha feira como Turexpo, fronte a eventos de maiores dimensi\u00f3ns nos que, a pesar do seu tama\u00f1o, ou precisamente polas s\u00faas dimensi\u00f3ns, non son tan efectivos neste sentido. Un aspecto que se repite nos \u00faltimos anos. En canto \u00e1s empresas participantes na Bolsa, destacaron que as s\u00faas expectativas de negocio son altas e agradeceron \u00e1 feira a posibilidade de contar cunha plataforma de negocio destas caracter\u00edsticas.<\/p>\n A estas mesas de negocio engadiuse unha pequena viaxe de familiarizaci\u00f3n no que participou a maior\u00eda de operadores tur\u00edsticos asistentes \u00e1 Bolsa de Contrataci\u00f3n de Turexpo Galicia e tam\u00e9n alg\u00fans dos compradores que acudiron aos Encontros Internacionais de Salimat Abanca.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE 15\u00ba SAL\u00d3N TUR\u00cdSTICO DE GALICIA DESENVOLVEUSE DO 4 Ao 7 DE XU\u00d1O XUNTO \u00c1 12\u00aa FEIRA DE FESTAS DE INTERESE TUR\u00cdSTICO E NO MARCO DA 48\u00aa FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA \u201cGRATA SORPRESA\u201d DOS OPERADORES TUR\u00cdSTICOS POLOS CONTACTOS REALIZADOS E \u201cALTAS EXPETATIVAS\u201d POR PARTE DA OFERTA NOS ENCONTROS B2B Silleda, 10 de … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4198,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n