{"id":4193,"date":"2026-06-06T19:14:14","date_gmt":"2026-06-06T19:14:14","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/el-ii-congreso-mundial-de-turismo-del-interior-construira-soluciones-para-los-desafios-que-afrontan-los-territorios-de-baja-densidad-en-todo-el-mundo\/"},"modified":"2026-06-06T19:15:45","modified_gmt":"2026-06-06T19:15:45","slug":"el-ii-congreso-mundial-de-turismo-del-interior-construira-soluciones-para-los-desafios-que-afrontan-los-territorios-de-baja-densidad-en-todo-el-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/el-ii-congreso-mundial-de-turismo-del-interior-construira-soluciones-para-los-desafios-que-afrontan-los-territorios-de-baja-densidad-en-todo-el-mundo\/","title":{"rendered":"O II Congreso Mundial de Turismo do Interior \u201cconstruir\u00e1 soluci\u00f3ns para os desaf\u00edos que afrontan os territorios de baixa densidade en todo o mundo\u201d"},"content":{"rendered":"
Silleda, 6 de xu\u00f1o de 2026<\/em><\/strong>.- O XV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, o cal se celebra desde o pasado xoves e ma\u00f1\u00e1 domingo no marco da 48\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, acolleu hoxe a presentaci\u00f3n do II Congreso Mundial de Turismo do Interior.<\/p>\n Unha cita que ser\u00e1 organizada pola Asociaci\u00f3n Ib\u00e9rica de Turismo do Interior (AITI) os d\u00edas 18 e 19 de novembro deste ano na cidade portuguesa de Guarda e que conta con Turexpo Galicia como colaborador asociado.<\/p>\n No acto intervi\u00f1eron a concelleira do municipio de Guarda, Cl\u00e1udia Guedes, quen presentou a cidade como \u201cun territorio de autenticidade, de patrimonio, de paisaxes impresionantes, de tradici\u00f3ns preservadas e, sobre todo, de persoas\u201d. Un municipio, o m\u00e1is alto de Portugal, que, considera, \u201crepresenta a esencia do interior ib\u00e9rico\u201d.<\/p>\n Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n destacou que nun mundo cada vez m\u00e1is gobalizado, os viaxantes buscan aquilo que \u00e9 xenu\u00edno, e iso \u00e9 precisamente o que \u201cos territorios do interior te\u00f1en para ofrecer\u201d. As\u00ed mesmo, apuntou que hoxe m\u00e1is que nunca o turismo de interior desempe\u00f1a un papel estrat\u00e9xico, \u201cnon s\u00f3 como motor econ\u00f3mico, sen\u00f3n tam\u00e9n como ferramenta de valorizaci\u00f3n cultural, de preservaci\u00f3n do patrimonio e de desenvolvemento sostible\u201d e que foi precisamente con esta visi\u00f3n coa que naceu o Congreso Mundial de Turismo de Interior, como \u201cun espazo de reflexi\u00f3n, de intercambio e de construci\u00f3n de soluci\u00f3ns para os desaf\u00edos que afrontan os territorios de baixa densidade en todo o mundo\u201d.<\/p>\n Sinalou ademais que este Congreso ser\u00e1 \u201cpunto de encontro de expertos, acad\u00e9micos, empresarios, profesionais do turismo e responsables p\u00fablicos de diversos pa\u00edses\u201d e tam\u00e9n \u201cunha oportunidade para mostrar ao mundo aquilo que o interior ten de m\u00e1is valioso\u201d.<\/p>\n Na presentaci\u00f3n tam\u00e9n estivo o presidente da Asociaci\u00f3n Ib\u00e9rica de Turismo do Interior (AITI), Miguel Martins, quen destacou a dimensi\u00f3n do Congreso a trav\u00e9s dos seus participantes, procedentes de doce pa\u00edses, como son Espa\u00f1a, Portugal, Alema\u00f1a, Estados Unidos, Irlanda, Colombia, Bolivia, Exipto, Xordania, Polonia, Cabo Verde e Santo Tom\u00e9.<\/p>\n Resaltou ademais a importancia que, xunto con empresas e organismos p\u00fablicos, te\u00f1en os habitantes dos pobos no \u00e1mbito do turismo, xa se son os que mellor os co\u00f1ecen e poden transmitilo aos viaxantes.\u00a0 E tam\u00e9n quixo apuntar que Turexpo Galicia \u00e9 colaborador asociado, que o municipio de Guarda e Turismo Centro de Portugal apoian o Congreso, que Castelo Branco ser\u00e1 o destino invitado e que como rexi\u00f3n invitada estar\u00e1 C\u00e1ceres, cidade onde se celebrou a primeira edici\u00f3n do Congreso.<\/p>\n A edici\u00f3n de 2028 poder\u00eda ser en Galicia<\/strong><\/p>\n Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, Miguel Martins tam\u00e9n sinalou que desde a organizaci\u00f3n do Congreso \u201cestase a traballar\u201d na posibilidade de que a s\u00faa terceira edici\u00f3n sexa en Galicia. Unha cita que ter\u00eda lugar en 2028.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTA CITA, QUE TENR\u00c1 LUGAR O 18 E 19 DE NOVEMBRO NA CIDADE PORTUGUESA DE GUARDA, FOI PRESENTADA HOXE NO MARCO DO SAL\u00d3N TUR\u00cdSTICO DE GALICIA, TUREXPO GALICIA, O CUAL \u00c9 COLABORADOR ASOCIADO ESTA SEGUNDA EDICI\u00d3N SER\u00c1 PUNTO DE ENCONTRO DE EXPERTOS, ACAD\u00c9MICOS, EMPRESARIOS, PROFESONAIS DE TURISMO E RESPONSABLES P\u00daBLICOS DE DOCE PA\u00cdSES Silleda, 6 … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4191,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n