{"id":4163,"date":"2026-05-27T09:22:10","date_gmt":"2026-05-27T09:22:10","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/turexpo-galicia-2026-amplia-su-proyeccion-internacional-con-mas-de-30-turoperadores-de-trece-paises-y-la-vista-puesta-en-el-xacobeo-2027\/"},"modified":"2026-05-27T09:54:11","modified_gmt":"2026-05-27T09:54:11","slug":"turexpo-galicia-2026-amplia-su-proyeccion-internacional-con-mas-de-30-turoperadores-de-trece-paises-y-la-vista-puesta-en-el-xacobeo-2027","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-2026-amplia-su-proyeccion-internacional-con-mas-de-30-turoperadores-de-trece-paises-y-la-vista-puesta-en-el-xacobeo-2027\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia 2026 ampl\u00eda a s\u00faa proxecci\u00f3n internacional con m\u00e1is de 30 turoperadores de trece pa\u00edses e a vista posta no Xacobeo 2027"},"content":{"rendered":"
Silleda, 27 de maio de 2026.- <\/em><\/strong>O XV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia 2026, o cal se levar\u00e1 a cabo do 4 ao 7 de xu\u00f1o co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contar\u00e1 unha vez m\u00e1is coa s\u00faa reco\u00f1ecida Bolsa de Contrataci\u00f3n.<\/p>\n Esta volver\u00e1 ser unha efectiva ferramenta de negocio para que a oferta tur\u00edstica participante poida incorporar os seus produtos e propostas a cat\u00e1logos e circu\u00edtos tanto nacionais como internacionais. Co valor engadido de que nesta edici\u00f3n aumenta de dez a trece o n\u00famero de pa\u00edses nos que te\u00f1en presenza os operadores tur\u00edsticos participantes.<\/p>\n As\u00ed, no seu marco est\u00e1n confirmados m\u00e1is de 30 operadores tur\u00edsticos con presenza en Alema\u00f1a, Brasil, EE.UU, Espa\u00f1a, Irlanda, Finlandia, Indonesia, Italia, M\u00e9xico, Portugal, Polonia, Reino Unido e Su\u00edza.<\/p>\n Na s\u00faa maior\u00eda tr\u00e1tase de axencias tradicionais ou axencias de \u201cincoming\u201d (axencias de receptivo especializados en destino Espa\u00f1a e Portugal que traballan para emisores doutros mercados) que buscan propostas diversas, desde turismo gastron\u00f3mico ata sostible ou educativo, destacando nesta ocasi\u00f3n os interesados en turismo activo, de natureza e, sobre todo, turismo relixioso e Cami\u00f1o de Santiago. Unha notable presenza a destes \u00faltimos na que a organizaci\u00f3n da Bolsa tivo moi en conta a celebraci\u00f3n do Xacobeo 2027<\/p>\n Estes operadores co\u00f1ecer\u00e1n a oferta de empresas do sector do turismo, a maior\u00eda galegas, e tam\u00e9n destinos. Todos eles poder\u00e1n amosar a s\u00faa oferta de forma personalizada ante profesionais con capacidade real de comercializaci\u00f3n e decisi\u00f3n, o que facilita acordos e colaboraci\u00f3ns, ademais de mellorar o seu co\u00f1ecemento das demandas de cada mercado para adaptar a s\u00faa oferta e aumentar a s\u00faa competitividade.<\/p>\n Ser\u00e1 a trav\u00e9s de reuni\u00f3ns axendadas en funci\u00f3n dos intereses de ambas as partes durante o 4 de xu\u00f1o todo o d\u00eda e a ma\u00f1\u00e1 do 5 de xu\u00f1o, o cal se corresponde co primeiro d\u00eda e medio do certame, que ademais ter\u00e1 lugar xunto \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n Pazos, vi\u00f1o e Santiago no fam trip<\/strong><\/p>\n A estas mesas de negocio engadirase unha pequena viaxe de familiarizaci\u00f3n no que participar\u00e1 a maior\u00eda de operadores tur\u00edsticos asistentes<\/p>\n Este fam trip comezar\u00e1 a tarde do venres 5 de xu\u00f1o cunha visita ao Pazo do Faramello, situado sobre o can\u00f3n do r\u00edo Tinto, no lugar de Faramello, pertencente ao municipio de Rois. Xa o s\u00e1bado 6 de xu\u00f1o co\u00f1ecer\u00e1n Cambados, onde ter\u00e1n a oportunidade de acudir ao Pazo de Fefi\u00f1\u00e1s & Gil de Armada e tam\u00e9n ao xard\u00edn da Fundaci\u00f3n Manolo Paz. Logo acudir\u00e1n \u00e1 adega Terras de Asorei, no concello de Meis, onde comer\u00e1n, e finalmente descubrir\u00e1n o Pazo Quinteiro da Cruz e o seu xard\u00edn de Excelencia Internacional, situado en Ribadumia.<\/p>\n O \u00faltimo d\u00eda, o domingo 7 de xu\u00f1o, o grupo de operadores tur\u00edsticos visitar\u00e1 Santiago de Compostela e a s\u00faa catedral.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AS EMPRESAS E DESTINOS QUE ACUDAN \u00c1 S\u00daA BOLSA DE CONTRATACI\u00d3N PODER\u00c1N AMOSAR A ESTES OPERADORES TUR\u00cdSTICOS A S\u00daA OFERTA DURANTE O PRIMEIRO D\u00cdA E MEDIO DO SAL\u00d3N O CERTAME DESENVOLVERASE DO 4 AO 7 DE XU\u00d1O NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA) ADEMAIS PARTICIPAR\u00c1N NUN FAM TRIP QUE OS LEVAR\u00c1 POR DISTINTOS … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4161,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n