{"id":3942,"date":"2025-05-29T09:11:54","date_gmt":"2025-05-29T09:11:54","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/turexpo-galicia-2025-multiplicara-oportunidades-de-negocio-mas-de-30-turoperadores-y-el-estreno-de-indonesia-y-serbia-en-su-bolsa-de-contratacion\/"},"modified":"2025-05-29T09:17:03","modified_gmt":"2025-05-29T09:17:03","slug":"turexpo-galicia-2025-multiplicara-oportunidades-de-negocio-mas-de-30-turoperadores-y-el-estreno-de-indonesia-y-serbia-en-su-bolsa-de-contratacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-2025-multiplicara-oportunidades-de-negocio-mas-de-30-turoperadores-y-el-estreno-de-indonesia-y-serbia-en-su-bolsa-de-contratacion\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia 2025 multiplicar\u00e1 oportunidades de negocio: m\u00e1is de 30 turoperadores e a estrea de Indonesia e Serbia na s\u00faa bolsa de contrataci\u00f3n"},"content":{"rendered":"
Silleda, 29 de maio de 2025.- <\/em><\/strong>O XIV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia 2025, o cal se levar\u00e1 a cabo do 5 ao 8 d de xu\u00f1o co apoio da Axencia Turismo de Galicia, contar\u00e1 unha vez m\u00e1is coa s\u00faa reco\u00f1ecida Bolsa de Contrataci\u00f3n. Esta volver\u00e1 ser unha efectiva plataforma de negocio para a oferta tur\u00edstica participante.<\/p>\n As\u00ed, no seu marco est\u00e1n confirmados m\u00e1is de 30 operadores tur\u00edsticos con presenza en dez pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Canad\u00e1, Espa\u00f1a, Estados Unidos, Irlanda, Pa\u00edses Baixos, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Indonesia e Serbia.<\/p>\n Na s\u00faa maior\u00eda tr\u00e1tase de axencias tradicionais ou axencias de \u201cincoming\u201d (axencias de receptivo especializados en destino Espa\u00f1a e Portugal que traballan para emisores doutros mercados), buscando outras especificamente propostas relacionadas con turismo activo e de natureza, gastron\u00f3mico, educativo para estudantes, de festas e festivais, sostible ou relixioso, sendo este \u00faltimo o caso do operador indonesio.<\/p>\n Entre as s\u00faas demandas para co\u00f1ecer nestes encontros, moitos dos operadores tur\u00edsticos destacan hoteis, empresas de servizos, axencias de viaxes, propostas tanto de lecer e cultura como gastron\u00f3micas e de enoturismo, ademais de parques naturais, empresas de transporte ou maioristas.<\/p>\n Estes operadores co\u00f1ecer\u00e1n a oferta de empresas do sector do turismo, a maior\u00eda galegas, e tam\u00e9n destinos. Todos eles poder\u00e1n mostrarlles detalladamente as s\u00faas propostas aos operadores tur\u00edsticos co obxectivo de que as incorporen \u00e1s ofertas que far\u00e1n aos seus clientes nos pa\u00edses nos que operan. Ser\u00e1 a trav\u00e9s de reuni\u00f3ns axendadas en funci\u00f3n dos intereses de ambas as partes durante o 5 de xu\u00f1o todo o d\u00eda e na ma\u00f1\u00e1 do 6 de xu\u00f1o, o cal se corresponde co primeiro d\u00eda e medio do certame, que ademais ter\u00e1 lugar xunto \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n Fam Trip pola Estrada, O Ribeiro e Vilagarc\u00eda<\/strong><\/p>\n A estas mesas de negocio engadirase unha pequena viaxe de familiarizaci\u00f3n no que participar\u00e1 a maior\u00eda de operadores tur\u00edsticos asistentes.<\/p>\n Este fam trip comezar\u00e1 a tarde do venres 6 de xu\u00f1o cunha visita ao Pazo de Oca e os seus hist\u00f3ricos xard\u00edns en A Estrada. Xa o s\u00e1bado 7 de xu\u00f1o co\u00f1ecer\u00e1n a comarca do Ribeiro, con parada e comida no Pazo de Toubes, en Riob\u00f3 (Cenlle), e visitas \u00e1s localidades de Ribadavia e Ourense, onde co\u00f1ecer\u00e1n distintas zonas da cidade e a s\u00faa catedral.<\/p>\n O \u00faltimo d\u00eda, o domingo 8 de xu\u00f1o, ter\u00e1n d\u00faas opci\u00f3ns, ben visitar Santiago de Compostela e a s\u00faa catedral ou, para aqueles que xa co\u00f1ecen a cidade, descubrir o Pazo de Rubi\u00e1ns, en Vilagarc\u00eda de Arousa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AS EMPRESAS E DESTINOS QUE ACUDAN A ESTAS REUNI\u00d3NS B2B PODER\u00c1N MOSTRARLLES A S\u00daA OFERTA DURANTE O PRIMEIRO D\u00cdA E MEDIO DESTE SAL\u00d3N, QUE SE DESENVOLVER\u00c1 DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ADEMAIS PARTICIPAR\u00c1N NUN FAM TRIP QUE LOS LLEVAR\u00c1 POR A ESTRADA, O RIBEIRO, OURENSE, VILAGARC\u00cdA DE AROUSE … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3705,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n