{"id":3893,"date":"2025-05-06T10:21:37","date_gmt":"2025-05-06T10:21:37","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/un-mes-para-que-las-ferias-turexpo-galicia-y-festur-sean-de-nuevo-un-gran-punto-de-encuentro-turistico\/"},"modified":"2025-05-06T10:24:10","modified_gmt":"2025-05-06T10:24:10","slug":"un-mes-para-que-las-ferias-turexpo-galicia-y-festur-sean-de-nuevo-un-gran-punto-de-encuentro-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/un-mes-para-que-las-ferias-turexpo-galicia-y-festur-sean-de-nuevo-un-gran-punto-de-encuentro-turistico\/","title":{"rendered":"Un mes para que as feiras Turexpo Galicia e Festur sexan de novo un gran punto de encontro tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"
Silleda, maio de 2025.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, e a Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico, Festur, celebraranse de novo conxuntamente co obxectivo de crear un atractivo espazo de converxencia para o sector do turismo. Ser\u00e1 do 5 ao 8 de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).<\/p>\n Estes certames volver\u00e1n ter lugar de forma paralela \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, para crear sinerx\u00edas con este emblem\u00e1tico certame multisectorial, que este ano celebra a s\u00faa 47\u00aa edici\u00f3n, e ofrecer as\u00ed unha atractiva proposta tanto para expositores como para visitantes, os cales superaron os 84.000 o ano pasado.<\/p>\n Turexpo Galicia, que chega \u00e1 s\u00faa 14\u00aa edici\u00f3n, e Festur, que alcanza a 11\u00aa convocatoria, prep\u00e1ranse para esta nova cita que conxugar\u00e1 unha interesante \u00e1rea expositiva, un programa de actividades especialmente dedicado \u00e1s festas de interese tur\u00edstico e unha importante Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica.<\/p>\n Estes encontros B2B de Turexpo Galicia volver\u00e1n converterse nunha inmellorable plataforma comercial, a cal xa propiciou decenas de miles de encontros e facilitou exitosos acordos e que en 2024 acolleu 2.300 reuni\u00f3ns de negocio con 33 operadores tur\u00edsticos con presenza en once pa\u00edses.<\/p>\n Con este obxectivo a organizaci\u00f3n traballa desde hai meses para contar cun importante n\u00famero de operadores tur\u00edsticos tanto nacionais como internacionais, cuxa cifra se pechar\u00e1 nos pr\u00f3ximos d\u00edas e que proceden de pa\u00edses con gran interese como emisores.<\/p>\n Edici\u00f3n de r\u00e9cord en 2024<\/strong><\/p>\n A formulaci\u00f3n de Turexpo Galicia, que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, permitiulle conseguir unha gran progresi\u00f3n, con moi bos resultados nas citas a\u00ednda marcada pola pandemia e que non parou de superarse nos \u00faltimos anos.<\/p>\n As\u00ed, en 2024 celebrou a s\u00faa maior convocatoria, chegando aos 98 expositores, un 3.1% m\u00e1is que o ano anterior, os cales ocuparon tam\u00e9n unha superficie r\u00e9cord, un 2,6% maior.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AMBOS CERTAMES CONXUGAR\u00c1N DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O UNHA ATRACTIVA \u00c1REA EXPOSITIVA, UN INTERESANTE PROGRAMA DE ACTIVIDADES E UNHA RECO\u00d1ECIDA BOLSA DE CONTRATACI\u00d3N QUE VOLVER\u00c1 SER UNHA INMELLORABLE PLATAFORMA COMECIAL Silleda, maio de 2025.- O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, e a Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico, Festur, celebraranse de novo conxuntamente … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3747,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n