{"id":3799,"date":"2025-01-23T09:04:12","date_gmt":"2025-01-23T09:04:12","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/turexpo-galicia-2025-destaca-en-fitur-su-crecimiento-y-aportacion-al-turismo-gallego\/"},"modified":"2025-01-23T09:05:43","modified_gmt":"2025-01-23T09:05:43","slug":"turexpo-galicia-2025-destaca-en-fitur-su-crecimiento-y-aportacion-al-turismo-gallego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-2025-destaca-en-fitur-su-crecimiento-y-aportacion-al-turismo-gallego\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia 2025 destaca en Fitur o seu crecemento e aportaci\u00f3n ao turismo galego"},"content":{"rendered":"
Madrid, 23 de xaneiro de 2025.- <\/em><\/strong>A feira Turexpo Galicia presentou onte pola tarde no sal\u00f3n tur\u00edstico Fitur, en Ifema Madrid, a s\u00faa cita para 2025, a cal ter\u00e1 lugar de 5 ao 8 de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).<\/p>\n No acto, que tivo lugar no stand de Galicia baixo o t\u00edtulo \u201cTurexpo Galicia 2025: O sector do turismo aumenta presenza nunha Abanca Semana Verde en crecemento\u201d, interveu a deputada provincial de turismo de Pontevedra, Nava Castro, quen se referiu a Turexpo como un gran encontro de turismo nunha provincia extraordinaria como \u00e9 Pontevedra, a cal, sinalou, tam\u00e9n pode presumir de espazos tan ben capacitados como a Feira Internacional de Galicia ABANCA. Un recinto cunha ampla traxectoria e moi estreitamente ligado co medio rural e o turismo rural, os que considerou piares fundamentais en Galicia e que deben ir da man para impulsar o desenvolvemento econ\u00f3mico e xerar riqueza, non sendo alleos aos desaf\u00edos do despoboamento e o abandono do rural. Un aspecto no que indicou que Turexpo Galicia \u00e9 unha gran embaixadora, cunha aposta firme polo interior e o rural tanto polos destinos presentes como pola s\u00faa propia sede en Silleda.<\/p>\n As\u00ed mesmo, enxalzou o \u201ccrecemento espectacular\u201d da feira na pasada edici\u00f3n, con aumento dun 2,6% na s\u00faa superficie e un 3,1% en expositores, entre os que destacaron destinos de Portugal e do conxunto xeogr\u00e1fico de Espa\u00f1a, e entre eles a Deputaci\u00f3n de Pontevedra. Presenza desta en Turexpo que, dixo, repetirase este ano coa s\u00faa campa\u00f1a \u201cCando volves?\u201d, a cal se presenta hoxe en Fitur.<\/p>\n Tam\u00e9n formou parte da presentaci\u00f3n o presidente do ente rexional Turismo do Porto e Norte de Portugal, Luis Pedro Martins, quen apuntou que volver\u00e1n estar presentes en Turexpo Galicia este ano coa participaci\u00f3n de preto de trinta entidades, considerando \u00e1 feira unha oportunidade de promoci\u00f3n do seu territorio. Ademais, sinalou que dar\u00e1n continuidade ao traballo que ve\u00f1en facendo con Galicia nos \u00faltimos tempos nun momento no que existe con esta Comunidade unha gran proximidade e proxectos conxuntos innovadores, como a creaci\u00f3n do primeiro cl\u00faster de turismo dunha eurorrexi\u00f3n no seo de toda a Uni\u00f3n Europea, con acci\u00f3ns xa concretadas. Rematou salientado as cifras que conseguen ambas as rexi\u00f3ns con este traballo, as cales cualificou de \u201cfant\u00e1sticas\u201d, e subli\u00f1ando que Galicia pode seguir contando con Portugal.<\/p>\n Pola s\u00faa banda, Ricardo Dur\u00e1n, director da Fundaci\u00f3n Semana Verde de Galicia, organizadora de Turexpo Galicia, destacou os resultados do certame e a s\u00faa Bolsa de Contrataci\u00f3n, os cales, considerou, achegan ano tras ano o seu gran de area aos r\u00e9cords de turistas que segue batendo Galicia. Non en balde, apuntou, a Bolsa propiciou m\u00e1is de 2.300 reuni\u00f3ns de negocio entre 160 empresas e destinos e 33 operadores tur\u00edsticos con presenza en 11 pa\u00edses, mentres que a s\u00faa exposici\u00f3n volveu rexistrar cifras r\u00e9cord tanto en n\u00famero de participantes como en superficie.<\/p>\n Dur\u00e1n tam\u00e9n subli\u00f1ou a oportunidade que sup\u00f3n tanto para Galicia como para o resto de destinos presentes na feira o recibir unha cifra de visitantes que adoita roldar, en funci\u00f3n do ano, os 100.000 visitantes, pregunt\u00e1ndose onde pasar o seu tempo de lecer. Ademais, quixo referirse \u00e1 singularidade que sup\u00f3n contar con m\u00e1is de cincuenta celebraci\u00f3ns presente na Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur), as cales representan unha parte importante da idiosincrasia de Galicia. Todo iso no marco dunha Abanca Semana Verde que alcanzou en 2024 a mellor cifra de expositores directos do \u00faltimos dezasete anos, con 746 empresas participantes.<\/p>\n Turexpo Galicia 2025<\/strong><\/p>\n O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia celebrar\u00e1 este ano a s\u00faa 14\u00aa edici\u00f3n, enmarcada na que ser\u00e1 a 47\u00aa convocatoria da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n Co apoio da Xunta a trav\u00e9s da Axencia Turismo de Galicia, prep\u00e1rase para conformar un efectivo espazo no que os profesionais poidan crear colaboraci\u00f3ns, intercambiar co\u00f1ecementos e xerar negocio, \u00e1 vez que se converter\u00e1 nun atractivo escaparate de propostas e destinos para o p\u00fablico final. \u00c1 s\u00faa proposta expositiva e de actividades, Turexpo Galicia volver\u00e1 sumar a vistosa Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur) e tam\u00e9n a s\u00faa reco\u00f1ecida Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica, na que se seleccionar\u00e1 un importante n\u00famero de operadores e incorporaranse m\u00e1is pa\u00edses emerxentes como emisores de turismo co obxectivo de multiplicar as posibilidades de negocio.<\/p>\n Con todo isto, Turexpo Galicia 2025 constituir\u00e1 de novo unha importante ferramenta de promoci\u00f3n econ\u00f3mica e un valioso punto de encontro para todo o sector.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O SAL\u00d3N PRESENTOUSE NUN ACTO NO QUE INTERVIRON A DEPUTADA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA NAVA CASTRO, O PRESIDENTE DO ENTE REXIONAL TURISMO DO PORTO E NORTE DE PORTUGAL, LUIS PEDRO MARTINS, E O DIRECTOR DA FUNDACI\u00d3N SEMANA VERDE DE GALICIA, RICARDO DUR\u00c1N ESTE SAL\u00d3N VOLVER\u00c1 SER UN ATRACTIVO ESPAZO DE CONVERXENCIA PARA O SECTOR … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3797,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n