{"id":3696,"date":"2024-09-02T07:53:36","date_gmt":"2024-09-02T07:53:36","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/la-feria-turexpo-galicia-colabora-con-el-congreso-mundial-de-turismo-de-interior-que-sera-del-26-al-28-de-noviembre-en-caceres\/"},"modified":"2024-09-02T07:58:39","modified_gmt":"2024-09-02T07:58:39","slug":"la-feria-turexpo-galicia-colabora-con-el-congreso-mundial-de-turismo-de-interior-que-sera-del-26-al-28-de-noviembre-en-caceres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/la-feria-turexpo-galicia-colabora-con-el-congreso-mundial-de-turismo-de-interior-que-sera-del-26-al-28-de-noviembre-en-caceres\/","title":{"rendered":"A feira Turexpo Galicia colabora co Congreso Mundial de Turismo de Interior, que ser\u00e1 do 26 ao 28 de novembro en C\u00e1ceres"},"content":{"rendered":"
Silleda, 2 de setembro de 2024.- <\/em><\/strong>O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, incorporouse como entidade colaboradora ao Congreso Mundial de Turismo de Interior, que ter\u00e1 lugar en C\u00e1ceres do 26 ao 28 de novembro deste ano, baixo a organizaci\u00f3n da Asociaci\u00f3n Ib\u00e9rica de Turismo de Interior.<\/p>\n O Congreso, dirixido tanto a empresarios e profesionais como \u00e1 administraci\u00f3n e o \u00e1mbito da formaci\u00f3n, ten previsto un n\u00famero aproximado de 300 asistentes. O seu obxectivo \u00e9 analizar a actualidade e perspectivas do turismo de interior e avaliar \u00e1reas de interese como os fluxos tur\u00edsticos, a dixitalizaci\u00f3n ou o impacto cultural e social desta actividade. Tam\u00e9n pretende expor acci\u00f3ns tur\u00edsticas encami\u00f1adas a contribu\u00edr ao desenvolvemento social e econ\u00f3mico do territorio interior e facilitar a cooperaci\u00f3n entre os diferentes axentes implicados neste.<\/p>\n Uns prop\u00f3sitos para os que o Congreso suma aos seus relatorios d\u00faas \u00e1reas, unha de exposici\u00f3n orientada a que os destinos de interior poidan presentar a s\u00faa oferta e outra de networking para realizar contactos, colaboraci\u00f3ns e contrataci\u00f3ns. Durante o primeiro d\u00eda farase unha visita guiada \u00e1 Cidade Monumental de C\u00e1ceres, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, para logo celebrar a cea oficial. Xa na \u00faltima xornada levarase a cabo unha viaxe de familiarizaci\u00f3n con operadores tur\u00edsticos convidados a Beira Baixa (Portugal) e Estremadura (Espa\u00f1a).<\/p>\n Reco\u00f1ecidos expertos de dez pa\u00edses<\/strong><\/p>\n Ser\u00e1n preto de corenta os reputados expertos que participen neste Congreso abordando temas de gran interese. As\u00ed, a xornada do 26 de novembro incluir\u00e1 catro bloques tem\u00e1ticos. \u201cBeira Baixa e Estremadura, cal \u00e9 o futuro do turismo?\u201d ser\u00e1 o primeiro, coa coordinaci\u00f3n de Miguel Martins, presidente da Asociaci\u00f3n Ib\u00e9rica de Turismo de Interior, e a participaci\u00f3n de Victoria Bazaga, conselleira de Turismo de Estremadura; Ra\u00fal Almeida, presidente de Turismo Centro de Portugal; Jo\u00e3o Lobo, presidente da Comunidade Intermunicipal da Beira Baixa (Portugal), e Miguel Morales, presidente da Deputaci\u00f3n de C\u00e1ceres (Espa\u00f1a).<\/p>\n A continuaci\u00f3n, analizaranse casos de \u00e9xito de turismo de interior por parte de Carlos Vel\u00e1zquez, alcalde de Toledo (Espa\u00f1a); Eduardo Tavares, presidente da C\u00e1mara Municipal de Alfandega da F\u00e9 (Portugal); Niurka P\u00e9res, do Consello de Turismo de Cuba para Portugal e Espa\u00f1a; e Slawomir Kowalczyk, presidente da C\u00e1mara de Opatowiec (Polonia), sendo o moderador Fernando Garrido, presidente da Asociaci\u00f3n de Directores de Hoteis de Portugal.<\/p>\n O terceiro bloque centrarase en \u201cRecursos e xentes do turismo de interior\u201d, sobre os que falar\u00e1 Luis Pedro Martins, presidente da Entidade Rexional de Porto e Norte; Rasul Mustafayev, de Baku Heritage Tours LLC (Acerbaix\u00e1n); Carmen Quintanilla, presidenta da Confederaci\u00f3n de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER) e membro permanente do Consello de Europa (Espa\u00f1a) e tam\u00e9n Juli\u00e1n Mora, catedr\u00e1tico da Universidade de Estremadura (Espa\u00f1a). Ademais, analizarase \u201cTurismo Relixioso e Espiritualidade\u201d, con Alexandre Marto, CEO de United Hotels of Portugal; Ibrahim Elassal, vicedecano do Instituto Superior SIT e profesor adxunto das Universidades de Helwam e Must (Exipto), e Jos\u00e9 Manuel Vilanova, presidente da Fundaci\u00f3n Lumbini Garden (Espa\u00f1a). O moderador ser\u00e1 V\u00edctor Jorge, director da editorial Publituris (Portugal).<\/p>\n Xa o segundo d\u00eda do Congreso comezar\u00e1 coa pregunta \u201cO interior \u00e9 un destino?, a cal se responder\u00e1 cos relatorios de Mar\u00eda Nchama, fundadora e presidenta da Feira Internacional de Turismo de \u00c1frica Central-FITAC (Guinea Ecuatorial); Ahmed Taheri, director de Oriente Viajes (Ir\u00e1n); Santiago Vallejo, presidente da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Profesionais do Turismo; e Armindo Jacinto, presidente da C\u00e1mara Municipal de Idanha a Nova (Portugal), sendo a moderadora Roc\u00edo Gavira, directora de contidos de Canle Estremadura.<\/p>\n A continuaci\u00f3n, debullar\u00e1 a liberalizaci\u00f3n do transporte de pasaxeiros para mellorar a mobilidade tur\u00edstica Pablo Pastega, director xeral de FlixBus para Espa\u00f1a e Portugal, para logo dar paso ao bloque \u201cMobilidade e Turismo de Interior\u201d, moderado por Ignacio Ruiz, coordinador do M\u00e1ster de Planificaci\u00f3n e Xesti\u00f3n de Destinos Tur\u00edsticos da Universidade Complutense de Madrid, e onde achegar\u00e1n o seu punto de vista Marco Polo, CEO de Carassus Consultor\u00eda Estrat\u00e9xica (M\u00e9xico); Ant\u00f3nio Marqu\u00e9s, presidente da Asoc, Portuguesa de Empresas de Congresos, Animaci\u00f3n Tur\u00edstica e Eventos \u2013 APECATE; Matilde Almandoz, presidenta da Organizaci\u00f3n de Congresos OPC Espa\u00f1a; Mychylle C. Teo, directora de vendas de Araw Hospitality Group; e Miguel \u00c1ngel Uriondo, director de Comunicaci\u00f3n e Asuntos P\u00fablicos de Flixbus (Espa\u00f1a).<\/p>\n Por \u00faltimo, analizarase a \u201cSustentabilidade e o turismo despois de 2030\u201d. Farano Alejandra Cruz, da Organizaci\u00f3n Mundial do Turismo \u2013 OMT; Andr\u00e9 Gomes, presidente da Entidade Rexional de Turismo do Algarve (Portugal): Griselda Tolla, directora e fundadora de OCYO (Per\u00fa); e Valent\u00edn Molina, catedr\u00e1tico na Universidade de Granada, sendo a moderadora, Adriana Rodrigues, directora de Comunicaci\u00f3n, Imaxe e Relacionas P\u00fablicas de Turismo Centro de Portugal.<\/p>\n Turexpo Galicia 2025<\/strong><\/p>\n O Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia celebrar\u00e1 a s\u00faa 14\u00aa edici\u00f3n do 5 ao 8 de xu\u00f1o de 2025, no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda \u2013 Pontevedra) e enmarcada na 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n O certame, que conta co apoio da Xunta a trav\u00e9s da Axencia Turismo de Galicia, prep\u00e1rase pairas ser un efectivo espazo de colaboraci\u00f3n, intercambio e negocio, \u00e1 vez que conformar\u00e1 un atractivo escaparate de propostas e destinos para o p\u00fablico final. \u00c1 s\u00faa proposta expositiva e de actividades, volver\u00e1 sumar a vistosa Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur) e a s\u00faa reco\u00f1ecida Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica, cun importante n\u00famero de operadores e m\u00e1is pa\u00edses emisores de turismo para multiplicar as posibilidades de negocio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTA CITA TEN COMO OBXECTIVO ANALIZAR A ACTUALIDADE E PERSPECTIVAS DO TURISMO DE INTERIOR, EXPOR ACCI\u00d3NS TUR\u00cdSTICAS ENCAMI\u00d1ADAS A CONTRIBU\u00cdR AO DESENVOLVEMENTO DO TERRITORIO DE INTERIOR E FACILITAR A COOPERACI\u00d3N ENTRE OS DIFERENTES AXENTES IMPLICADOS NESTE PRETO DE CUARENTA REPUTADOS EXPERTOS DE ESPA\u00d1A, PORTUGAL, CUBA, POLONIA, AZERBAIX\u00c1N, EXIPTO, GUINEA ECUATORIAL, IR\u00c1N, M\u00c9XICO E PER\u00da ABORDAR\u00c1N … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3594,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n