{"id":3656,"date":"2024-06-04T11:40:23","date_gmt":"2024-06-04T11:40:23","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/turexpo-galicia-2024-record-de-expositores-mas-de-2-300-fructiferas-reuniones-en-su-bolsa-de-contratacion-y-84-673-visitantes\/"},"modified":"2024-06-04T11:44:05","modified_gmt":"2024-06-04T11:44:05","slug":"turexpo-galicia-2024-record-de-expositores-mas-de-2-300-fructiferas-reuniones-en-su-bolsa-de-contratacion-y-84-673-visitantes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/turexpo-galicia-2024-record-de-expositores-mas-de-2-300-fructiferas-reuniones-en-su-bolsa-de-contratacion-y-84-673-visitantes\/","title":{"rendered":"Turexpo Galicia 2024: r\u00e9cord de expositores, m\u00e1is de 2.300 frut\u00edferas reuni\u00f3ns na s\u00faa Bolsa de Contrataci\u00f3n e 84.673 visitantes"},"content":{"rendered":"
Silleda, 4 de xu\u00f1o de 2024.- <\/em><\/strong>O XIII Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia 2024, o cal se celebrou do 30 de maio ao 2 de xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) pechou as s\u00faas portas tras celebrar unha exitosa cita co apoio da Axencia Turismo de Galicia.<\/p>\n As\u00ed, nesta edici\u00f3n alcanzou cifras r\u00e9cord tanto en n\u00famero de expositores directos, ao aumentar un 3,1% e chegar aos 98, como en superficie, ao incrementarse un 2,6% e alcanzar 1.624 metros cadrados.<\/p>\n Unha mostra de propostas e destinos que, xunto coa exposici\u00f3n da 46\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, foi visitada finalmente por 84.673 persoas, desde o xoves ata o domingo ao peche da feira.<\/p>\n Ademais da s\u00faa \u00e1rea expositiva, destacaron as distintas exhibici\u00f3ns e degustaci\u00f3ns das m\u00e1is de cincuenta festas presente na X Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur), enmarcada en Turexpo Galicia; o seu VII Encontro de Bloggers de Turismo e tam\u00e9n a s\u00faa Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica.<\/p>\n Mesas de negocio<\/strong><\/p>\n Esta Bolsa de Contrataci\u00f3n volveu converterse nunha efectiva plataforma comercial para o sector coa celebraci\u00f3n de m\u00e1is de 2.300 reuni\u00f3ns de negocio nas que 160 empresas e destinos puideron mostrarlles as s\u00faas propostas a 33 operadores tur\u00edsticos con presenza en once pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Arxentina, Australia, Brasil, Espa\u00f1a, Italia, Israel, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Xordania e Filipinas. Estas eran, na s\u00faa maior\u00eda, axencias tradicionais ou axencias de \u201cincoming\u201d, buscando outras especificamente propostas relacionadas co turismo de benestar, de incentivos, familiar ou relixioso.<\/p>\n Estes operadores tur\u00edsticos reportaron \u00e1 organizaci\u00f3n a s\u00faa satisfacci\u00f3n coas propostas e destinos que puideron co\u00f1ecer no sal\u00f3n, realizando mesmo m\u00e1is contactos de calidade do que esperaban, ademais de sinalar alg\u00fans deles que este tipo de encontro perm\u00edtelles \u201c facer m\u00e1is negocio que en eventos de Madrid, Berl\u00edn ou Londres, onde hai demasiada xente\u201d. Pola s\u00faa banda, as empresas participantes na Bolsa, destacaron que as s\u00faas expectativas de negocio son altas.<\/p>\n A estas mesas engadiuse unha pequena viaxe de familiarizaci\u00f3n no que participou a maior\u00eda de operadores tur\u00edsticos asistentes \u00e1 Bolsa de Contrataci\u00f3n de Turexpo Galicia. Comezou o venres 31 de maio pola tarde cunha visita ao Pazo de Oca e os seus hist\u00f3ricos xard\u00edns na Estrada (Pontevedra) e \u00e1 leira de enoturismo Mar\u00eda Manuela, en Boqueix\u00f3n (A Coru\u00f1a).<\/p>\n O s\u00e1bado 1 de xu\u00f1o co\u00f1eceron Ferrol, realizando unha viaxe en barco pola r\u00eda, visitando tanto o Castelo de San Felipe como o Arsenal e o museo Exponav e tam\u00e9n degustando produtos do mar no Parador da cidade. Ademais, traslad\u00e1ronse a Betanzos (A Coru\u00f1a) para pasear polo seu centro hist\u00f3rico e probar produtos locais. Xa o domingo 2 de xu\u00f1o co\u00f1eceron o tramo final do cami\u00f1o de Santiago, visitaron a Catedral e remataron a viaxe descubrindo o centro hist\u00f3rico de Compostela.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE 13\u00ba SAL\u00d3N TUR\u00cdSTICO DE GALICIA DESENVOLVEUSE DO 30 DE MAIO AO 2 DE XU\u00d1O CO APOIO DA AXENCIA TURISMO DE GALICIA \u201cCONTACTOS DE CALIDADE\u201d NUNHAS MESAS DE NEGOCIO QUE PERMITEN \u201cFACER M\u00c1IS NEGOCIO QUE NUN EVENTO DE MADRID, BERL\u00cdN OU LONDRES, ONDE HAI DEMASIADA XENTE\u201d Silleda, 4 de xu\u00f1o de 2024.- O XIII Sal\u00f3n … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3651,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n<\/p>\n