{"id":3242,"date":"2023-06-05T07:42:46","date_gmt":"2023-06-05T07:42:46","guid":{"rendered":"https:\/\/turexpogalicia.com\/de-40-fiestas-gallegas-de-interes-turistico-al-apoyo-a-ucrania-pasando-por-multitud-de-propuestas-en-festur-y-turexpo-galicia\/"},"modified":"2023-06-05T07:52:19","modified_gmt":"2023-06-05T07:52:19","slug":"de-40-fiestas-gallegas-de-interes-turistico-al-apoyo-a-ucrania-pasando-por-multitud-de-propuestas-en-festur-y-turexpo-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/turexpogalicia.com\/gl\/de-40-fiestas-gallegas-de-interes-turistico-al-apoyo-a-ucrania-pasando-por-multitud-de-propuestas-en-festur-y-turexpo-galicia\/","title":{"rendered":"De 40 festas galegas de interese tur\u00edstico ao apoio a Ucra\u00edna pasando por multitude de propostas, en Festur e Turexpo Galicia"},"content":{"rendered":"
Silleda, 4 de xu\u00f1o de 2023.- <\/em><\/strong>O XII Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, e a IX Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico, Festur, celebraranse conxuntamente e de forma paralela \u00e1 45\u00aa Abanca Semana Verde de Galicia do 8 ao 11 de xu\u00f1o.<\/p>\n A s\u00faa \u00e1rea expositiva contar\u00e1 con multitude de propostas tanto de Espa\u00f1a como de destinos internacionais, entre os que destacan os portugueses, pero entre os que tam\u00e9n figuran empresas de lugares como Nepal.<\/p>\n Entre todas elas ocupan un lugar destacado as festas de interese tur\u00edstico de Galicia, reunidas en Festur, unha cita que conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia e que mostrar\u00e1 40 celebraci\u00f3ns das catro provincias galegas. Estas, con reco\u00f1ecemento de car\u00e1cter internacional, nacional ou de Galicia, cel\u00e9branse en 31 concellos, os cales participan na \u00e1rea expositiva de forma individual ou a trav\u00e9s de agrupaci\u00f3ns. Ademais, algunhas delas levan a cabo distintas actividades durante o certame, como degustaci\u00f3ns e exhibici\u00f3ns, en funci\u00f3n do seu car\u00e1cter.<\/p>\n Est\u00e1n presentes, con vistoso material e, nalg\u00fans casos con actividades nos seus stands, A Rapa das Bestas e a Festa do Salm\u00f3n de A Estrada; Festa do Queixo, de Arz\u00faa; Festa da Filloa de Lestedo e Entroido dos Xenerais do Ulla, de Boqueix\u00f3n;; Festa da Casta\u00f1a e Filand\u00f3n de M\u00fasicas de Folgoso, do Courel; Feira do Cocido, de Lal\u00edn; O Naufraxio, de Laxe; Festa do Melindre e da Resposter\u00eda Tradicional, de Melide; As San Lucas, Semana Santa e Mercado Medieval, de Mondo\u00f1edo; Xuntanza Internacional de Gaiteros, de Monterrei; Feira de Santos de Monterroso; \u00a0Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira; Festa do Pemento de Herb\u00f3n e Festa da Pascua, de Padr\u00f3n; Festa do Percebe do Roncudo, de Ponteceso; Mostra do Aceite de Quiroga; Romar\u00eda da Sa\u00ednza de Rairiz de Veiga; Xenerais do Ulla, de Silleda; Xenerais do Ulla de Vedra; Festa da Pescada do Pincho de Celeiro e Semana Santa de Viveiro; Festa do Pemento de A Arnoia; Festa da Istoria e Feira-Exposici\u00f3n de Exaltaci\u00f3n do Vi\u00f1o da Zona do Ribeiro, de Ribadavia; a Festa do Polbo de O Carballi\u00f1o; Festa da Troita de A Pontenova; Foli\u00f3n de Carros de Chantada; Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, de Muros; Festa do Vi\u00f1o de Amandi, de Sober, e Asaldo ao Castelao e Festa da Fagu\u00eda do Carn\u00e9s, de Vimianzo.<\/p>\n Tam\u00e9n se promocionan as festas do Pan de Cea, de San Cristovo de Cea; Galo de Curral, de Vila de Cruces; Bonito de Burela, Carneiro ao Espeto de Mora\u00f1a; e Festa da Empanada de Bandeira e da Tortilla de Laro, de Silleda, realizando todas elas degustaci\u00f3ns en distintos momentos da feira. Ademais, est\u00e1 presente a Mostra do Encaixe de Palillos, de Camari\u00f1as, a cal realiza demostraci\u00f3ns coa presenza de palilleiras.<\/p>\n Axencia para o Desenvolvemento Tur\u00edstico de Ucra\u00edna<\/strong><\/p>\n Nesta edici\u00f3n de Turexpo Galicia e Festur destacar\u00e1 a presenza da Axencia para o Desenvolvemento Tur\u00edstico de Ucra\u00edna (SATD) a trav\u00e9s de dous representantes do concello de Kiev, Krasiuk Sofiia, especialista municipal en recursos humanos, e Kovalchuk Roman, xefa da divisi\u00f3n de actividades tur\u00edsticas do Departamento de Turismo e Promoci\u00f3n.<\/p>\n Estar\u00e1n presente nun espazo cedido pola feira, destinado principalmente a que os visitantes poidan mostrar a s\u00faa solidariedade ao pa\u00eds. Para iso, haber\u00e1 un panel no que se poder\u00e1 asinar para mostrarlles o seu apoio, o cal levar\u00e1n a Ucra\u00edna.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTES DOUS CERTAMES CELEBRARANSE CONXUNTAMENTE E DE FORMA PARALELA \u00c1 FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DO 8 AO 11 DE XU\u00d1O CONTAR\u00c1N CUN ESPACIO NO QUE ESTAR\u00c1N PRESENTES DOUS REPRESENTANTES DO CONCELLO DE KIEV E ONDE OS VISITANTES PODER\u00c1N FIRMAR NUN PANEL PARA AMOSAR A S\u00daA SOLIDARIDADE AO POBLO UCRANIANO Silleda, 4 de xu\u00f1o de 2023.- … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2793,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n