Turexpo Galicia 2022

Que ACTIVIDADES encontrará o visitante en

turexpo galicia?

Programa de actividades

Descarga aquí o programa da feira (*.pdf)

Un gran número de operadores de turismo nacionais e internacionais buscan destinos, experiencias e servizos únicos como os que ti representas nun dos programas de encontros B2B máis recoñecidos a nivel nacional no sector turístico.

Un formato do que TUREXPO GALICIA foi precursor e que se converteu na “xoia da coroa” do certame, facilitando desde hai anos para as empresas e entidades participantes fantásticas relacións comerciais e exitosos negocios.

En 2019, celebráronse un total de 2.800 reunións con 47 operadores de turismo de 11 países. En 2021, a pesar das importantes restricións na mobilidade internacional, axendáronse 1.900 reunións con 38 profesionais invitados procedentes de 11 países. E en 2022 será aínda unha aposta máis ambiciosa para tratar de crear o maior número de alianzas comerciais:

>> Seleccionarase un importante número de operadores nacionais e internacionais cun interese aínda maior para os participantes.

>> Incorporaranse máis países emerxentes como emisores de turismo para multiplicar as túas posibilidades de negocio.

>> Optimizaranse ao máximo as axendas de reunións en función das preferencias de ámbalas duas partes para garantir unha maior eficacia.

E se ademais promocionas produtos agroalimentarios do teu destino, non deixes escapar a oportunidade de participar nos ENCONTROS INTERNACIONAIS DE COMPRADORES de SALIMAT ABANCA, o salón de alimentación que se celebra de forma paralela e que xera tantas e tan boas sinerxias.

Festur 2022

TUREXPO GALICIA acollerá un ano máis, co apoio da Axencia Turismo de Galicia, a Feira de Festas de Interese Turístico FESTUR, que cumpre nesta cita a súa 8ª edición e que mostrará aos visitantes o atractivo das festas galegas distinguidas con este recoñecemento. Degustacións, representacións e exhibicións mostrarán as particularidades de cada unha destas festas.

Unha exposición única

A promoción de innumerables destinos turísticos nacionais e internacionais e a ampla gama de produtos e servizos destinados aos viaxeiros serán o fío condutor dun salón que non para de crecer.

Gastronomía e turismo

Unha simbiose perfecta que moitos dos destinos presentes en feira encargaranse de lembralo a través dun variado programa de sesións de cociña en directo, presentacións, catas, degustacións…

Actividade nos stands

Os stands competirán de novo por captar a atención do público e dos profesionais con propostas cada ano máis innovadoras, tratando de que experimenten e sintan por un momento todo o que o seu destino ofrece.

Área de degustacións

Un espazo destacado na feira ao dispor dos expositores no que achegarán a súa gastronomía ao público.

Formación

O certame é o marco ideal para coñecer de primeira man as tendencias e innovacións no sector. A través de xornadas técnicas profundarase nos seus principais retos.

Encontro de bloggers

Unha cita consolidada no calendario que reunirá a un bo número de especialistas do sector dixital, en busca de coñecer novos destinos, propostas e produtos.