Turexpo Galicia 2022

Quen visitará

turexpo galicia?

En 2019 un total de 128.066 persoas visitaron a feira ABANCA Semana Verde e os seus certames paralelos, como TUREXPO GALICIA, e en 2021, nunha cita marcada pola pandemia e o cambio de datas, foron 57.000 os visitantes. Unhas cifras que consolidan a este salón turístico como unha plataforma de promoción inigualable.

Entre estes visitantes atopamos fundamentalmente clientes finais, procedentes na súa maioría da comunidade galega e de rexións limítrofes, e que son sen dúbida actores protagonistas no sector do turismo:

Entre este volume de público, e sobre todo os dous primeiros días de feira, tamén se esconden miles de profesionais do sector cos que poder forxar colaboracións e explorar sinerxias: