¿QuE É TUREXPO GALICIA?

O Salón Turístico de Galicia, TUREXPO GALICIA, converterase un ano máis nun dos principais puntos de encontro do sector a nivel nacional e nunha insuperable proposta para revitalizar empresas e destinos.
Será un gran escaparate, no que o sector estará implicado para crear colaboracións e establecer contactos, promocionar a súa marca e reforzar o seu posicionamento, trasladar confianza e seguir animando aos viaxeiros e, como non, xerar negocio.
Un salón que se enmarca dentro da cita clave no calendario de todos os galegos, a FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA, unha proposta multisectorial fortemente vinculada con toda a cadea de valor do sector primario, da que o turismo tamén forma parte, camiña da man e establece extraordinarias sinerxias.
Ademais, o respaldo ano tras ano de miles e miles de visitantes garante o seu éxito.


a ter en conta ...
A prolongación do Ano Santo Xacobeo a 2022 será un valor engadido que se deixará notar nesta cita.
Os excelentes resultados da edición 2021, marcada pola situación sanitaria e a variación das súas datas habituais, e despois de non ter podido celebrarse en 2020, consolidaron e reforzaron a feira de cara a unha edición 2022 que será espectacular.
a bolsa de contratación turística
Un gran número de operadores de turismo nacionais e internacionais buscan destinos, experiencias e servizos únicos como os que ti representas nun dos programas de encontros B2B máis recoñecidos a nivel nacional no sector turístico.



